viernes, 22 de febrero de 2013

LUISMI


Estimados compañeiros:
Dende o comezo do cuatrimestre estiven preguntando aos profesores se tiñan algunha molestia en poñer algún exame en galego e, en principio, ningún obxectou nada, agás en Bases (coa correspondente discordia porque Araújo tampouco o vai traducir ao castelán) e en Anatomía Patolóxica (só preguntei á cátedra da mañá). En Farmacoloxía e Psicoloxía médica non puxeron ningún problema, simplemente dixeron que llelo recordase un pouco antes e que non nos queixáramos se había algún fallo de gramática, que se non está en galego normativo non é a súa culpa (obviamente). Aos de Fisioloxía III e ATI non lles preguntei todavía (esquecinme) pero xa lles preguntarei. Sobreentendo que imos ser unha minoría os que pidamos esta opción, así que para evitar que o Amazonas quede finalmente deforestado agradecería que me mandásedes un correo co voso nome (QUE NUNCA LLE MOSTRARÍA A NINGÚEN SEN O VOSO PERMISO) e o voso grupo para saber máis ou menos cantos seriamos e que non faga moitas copias de máis (tampouco están as arcas da facultade para botar bombas). Se tedes algunha dúbida preguntade a vontade.


Grazas pola vosa atención,

Luís Miguel Martínez Agulleiro, 2º C.

No hay comentarios:

Publicar un comentario